Evelyn Beatrice Hall
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1868 Shooter's Hill, Reino Unido (en) |
Morte | 13 de abril de 1956 (87 anos) Wadhurst, Reino Unido (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritora, biógrafa |
Pseudónimo literario | Stephen G. Tallentyre |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Evelyn Beatrice Hall, nada en Shooter's Hill (Kent) o 28 de setembro de 1868 e finada en Wadhurst (East Sussex) o 13 de abril de 1956, foi unha escritora británica, coñecida tamén co pseudónimo de Stephen G. Tallentyre.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi a segunda dos catro fillos do Reverendo William John Hall (1830–1910), cóengo menor da Catedral de San Paulo, e Isabella Frances (nada co apelido de Cooper).[1] A súa irmá máis vella, Ethel Frances Hall (1865–1943), casou co escritor Hugh Stowell Scott (coñecido co pseudónimo de Henry Seton Merriman) en 1889.[2] Evelyn Hall converteuse nunha importante influencia do seu cuñado, con quen coescribiu dous libros de relatos, From Wisdom Court (1893) e The Money-Spinner (1896).[3] Tras a súa morte en 1903, Scott deixoulle 5000 libras a Hall en agradecemento polo seu apoio e consellos literarios.[4]
Hall acadou sona pola súa biografía The Life of Voltaire (1903) e por The Friends of Voltaire (1906). Nesta última obra escribiu a frase "I disapprove of what you say, but I will defend to the death your right to say it" ("Estou en desacordo co que dis, pero defenderei até a morte o teu dereito a dicilo")[5], que polo xeral se atribúe de forma errónea ao propio Voltaire.[6] A cita de Hall adoita usarse para describir a liberdade de expresión.
Obra
[editar | editar a fonte]- The Money-Spinner and Other Character Notes (1896).
- The Women of the Salons, and Other French Portraits (1901).
- The Friends of Voltaire (1906). ISBN 1-4102-1020-0
- The Life of Voltaire (1907). ISBN 1-4102-1346-3
- The Life of Mirabeau (1912). ISBN 1-4102-1024-3
- Voltaire In His Letters (traductora) (1919). ISBN 1-4102-1195-9
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Venn, John e Venn, J. A. (eds.) (2011): Alumni Cantabrigienses: A Biographical List of All Known Students, Graduates and Holders of Office at the University of Cambridge, from the Earliest Times to 1900, Volume 2. Nova York: Cambridge University Press. Páx 205 (en inglés).
- ↑ Ethel Frances Hall, na web Cobbold Family History Trust.
- ↑ Seccombe, Thomas e Mills, Rebecca: "Scott, Hugh Stowell (1862–1903)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
- ↑ The Advertiser, (Adelaide, SA) March 09, 1904
- ↑ The Friends of Voltaire, p. 199.
- ↑ Boller, Jr., Paul F.; George, John (1989). They Never Said It: A Book of Fake Quotes, Misquotes, and Misleading Attributions. Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-505541-1.